VAI A VERSIÓN MÓBIL

Prohibido menores de 18 años
Servizo de atención ao cliente

apuestas.kirolbet.es opera en España baixo as correspondentes licenzas outorgadas pola Dirección Xeral de Ordenación do Xogo

Preguntas frecuentes

REXISTRO

  • Como podo rexistrarme en apuestas.kirolbet.es?
    Para rexistrarte en apuestas.kirolbet.es tes que acceder ao rexistro desde a parte superior dereita da web e cubrir todos os campos requiridos. Despois, acepta os termos e as condicións para finalizar o rexistro.
    Tes que proporcionarnos todos os teus datos tal como se indican no teu Documento Nacional de Identidade.
    Por motivos de seguridade comprobaremos mediante unha base de datos se o teu nome e enderezo postal son correctos.
    Fainos chegar calquera modificación dos teus datos para que en todo momento estean actualizados.

  • Normas de rexistro
    Non poderán practicar as apostas KIROLBET:
    Os menores de idade.
    Os incapacitados legalmente.
    As demais persoas ás que fai referencia o artigo 23.1 da Lei 4/1991, do 8 de novembro, reguladora do Xogo.
    Os xuíces de actividades deportivas, de competición ou de outra natureza que exerzan as súas funcións na actividade obxecto de aposta, as persoas que resolvan recursos contra as decisións daqueles, así como os membros da Comisión de apostas regulada no presente Regulamento.
    Os funcionarios que teñan por obxecto o control e a inspección das apostas.

  • Non podo acceder á miña conta
    Se estás rexistrado e non podes acceder á túa conta, comproba que os datos que introduciches son correctos.
    Se aínda así continúas sen poder acceder á túa conta, ponte en contacto co noso servizo de atención ao cliente.

  • Non lembro o meu contrasinal
    Tes a opción de recuperar o teu contrasinal accedendo a "Esqueciches o teu contrasinal?", debaixo do apartado de Rexistro, na parte superior dereita da web, facilitándonos o teu enderezo electrónico para que poidas recuperalo.
    Se precisas da nosa axuda, podes contactar co noso servizo de atención ao cliente.

  • Onde podo cambiar os datos do meu perfil?
    Podes modificar os teus datos desde a túa conta unha vez que completes o rexistro, agás os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, NIE ou número de documento de identificación, data de nacemento e país.
    Se queres cambiar estes datos ponte en contacto co servizo de atención ao cliente.

A MIÑA CONTA

  • Podo ter máis dunha conta de apuestas.kirolbet.es?
    Só está permitida a creación dun único rexistro por cada xogador.

  • Podo cancelar a miña conta temporalmente?
    Si. Todos os xogadores cunha conta activa poden autoexcluirse da oferta de xogo por un período de 1 mes, 3 meses, 6 meses ou 1 ano, no apartado "Autoexclusión", en "A miña conta", ou de maneira indefinida, a través de "Anular conta", no apartado "A miña conta".
    Antes da autoexclusión definitiva, debes asegurarte de que non teñas saldo ou apostas pendentes. Do contrario, a autoexclusión non será efectiva ata que a túa conta non estea a cero.
    Podes facer a petición de retirada de saldo desde a túa conta de xogador.
    Unha vez que solicitaches o período de autoexclusión temporal non poderás acceder á túa conta.
    Unha vez acabado o período de autoexclusión temporal, poderás acceder á totalidade das seccións da nosa páxina.

  • Como podo pechar a miña conta?
    A condición necesaria para pechar a túa conta é que non teñas ningún saldo nin apostas pendentes. Poderás pechar definitivamente a túa conta desde o apartado "Anular conta", en "A miña conta".

INGRESOS

  • Como podo facer un ingreso?
    Se desexas realizar un ingreso na túa conta de apuestas.kirolbet.es, contas con diferentes métodos á túa disposición.
    Dentro da túa conta de usuario, no apartado "Ingresos", poderás facer o teu depósito mediante calquera destes métodos:
    A.- Tarxeta de crédito/débito:
    As tarxetas aceptadas por apuestas.kirolbet.es son: Visa; Visa Electron, Mastercard e Maestro.
    B.- Transferencia bancaria:
    Se o prefires, ou no caso de que non dispoñas de tarxeta bancaria, poderás realizar un depósito por transferencia bancaria.
    É importante que na sección CONCEPTO sinales o número do teu DNI/NIE para que poidamos identificar claramente o emisor da transferencia. Xeralmente, o depósito por transferencia reflíctese no noso banco nun prazo máximo de 72 horas e en canto o recibamos acreditarase na túa conta de rexistro.
    C.- Transferencia desde a tarxeta KIROLBET:
    Realiza un traspaso de saldo desde a tarxeta KIROLBET coa que operas nos nosos puntos de aposta á túa conta web. Se es un usuario con tarxeta KIROLBET, poderás realizar una transferencia introducindo o teu número de tarxeta, o PIN e o saldo que queres transferir.
    D.- Puntos de aposta KIROLBET:
    Podes realizar ingresos en calquera dos puntos de aposta KIROLBET, a través dos terminais, en efectivo (máx. 40 €), ou cargando os premios na túa conta web.

  • Cal é o ingreso mínimo?
    O ingreso mínimo é de 1 € no caso dos ingresos vía transferencia desde a tarxeta KIROLBET e desde calquera dos puntos de aposta KIROLBET, e de 10 € vía tarxeta de crédito e transferencia.

  • Cal é o ingreso máximo?
    O ingreso máximo é de 1 000 € en calquera dos nosos métodos de ingreso.

  • Podo comezar a xogar en canto faga o ingreso?
    Si. En caso de realizar o ingreso mediante tarxeta de crédito/débito, a través dun traspaso desde a tarxeta KIROLBET ou desde calquera dos nosos puntos de aposta, pódese xogar inmediatamente despois de ordenar a operación.
    Se o fas mediante unha transferencia bancaria, podes xogar nun prazo máximo de 72 horas hábiles, unha vez comprobado que o diñeiro chegou á nosa conta de apuestas.kirolbet.es.

RETIRADAS

  • Como podo retirar diñeiro da miña conta?
    Podes ordenar a retirada do saldo total ou parcial desde a túa conta de xogador, mediante transferencia bancaria ou a través de calquera dos puntos de aposta KIROLBET.
    Para poder retirar a través de transferencia bancaria, a túa retirada de fondos deberá ser ordenada necesariamente a través de transferencia bancaria.


    Lembra que, para garantir a seguridade nas transaccións e que a túa retirada sexa procesada con éxito, KIROLBET resérvase o dereito a solicitar as copias dos documentos que estime necesarios.

  • Que documentación necesito para a retirada de diñeiro?
    Se vas realizar a túa primeira retirada, KIROLBET solicitarache o envío de documentos de identificación de usuario que variarán dependendo do medio de depósito e de retirada elixidos.

  • Cando recibo o diñeiro despois de retiralo?
    As retiradas efectuadas mediante transferencia bancaria permítenche dispoñer do diñeiro na túa conta bancaria nos próximos días, unha vez que as entidades bancarias acepten á operación.

  • Cal é a retirada mínima?
    A retirada mínima é de 30 € no caso das transferencias.

  • Cal é a retirada máxima?
    A retirada máxima é de 1 000 € no caso das transferencias.

APOSTAS

  • Cal é o importe mínimo dunha aposta?
    A cantidade mínima a apostar é de 1 €.

  • Cal é o importe máximo dunha aposta?
    A cantidade máxima que se pode apostar en cada aposta é de 100 €.

  • Que é unha aposta?
    É unha actividade de xogo na que se arrisca unha cantidade de diñeiro a favor dun prognóstico sobre os resultados dun evento.

  • Que é un evento?
    É un acontecemento previamente determinado, de desenlace incerto e alleo ás partes que interveñen na aposta.

  • Que é un evento suspendido?
    É aquel evento que unha vez iniciado foi interrompido antes de chegar ao final programado. Os eventos suspendidos poden ter resultados válidos.

  • Que é un evento anulado?
    É aquel evento do que non se ten en conta o resultado. Con relación ás apostas non se ten en conta ningún dos resultados dos eventos anulados.

  • Que é un evento aprazado?
    É aquel evento que non se inicia no momento programado para iso.

  • Que é unha modalidade de aposta?
    Son as opcións de aposta ofertadas polo sistema de apostas sobre uns determinados resultados de eventos que se especifican na propia modalidade de aposta.

  • Que é un prognóstico?
    É a predición que realizan os apostantes sobre as modalidades de aposta ao formalizar as súas apostas. O acerto ou non dos prognósticos dunha aposta determina o resultado da mesma.

  • Que é unha aposta de contrapartida?
    É aquela na que o usuario apostante acepta apostas que lle ofrece o sistema de apostas, no que o premio que se pode obter é o resultante de multiplicar o importe apostado polo coeficiente de aposta ou razón de probabilidade fixado previamente polo sistema.

  • Que é unha aposta mutua?
    É aquela na que a suma das cantidades apostadas por diferentes usuarios (fondo inicial) sobre uns eventos determinados, se lle detrae unha comisión polo operador de apostas e a parte restante (fondo repartible) se distribúe entre as apostas gañadoras, de acordo co estipulado na correspondente modalidade de aposta mutua e no regulamento de apostas mutuas.

  • Que é unha aposta simple?
    É aquela na que se aposta cun único prognóstico.

  • Que é unha aposta múltiple?
    É aquela na que se aposta simultaneamente con dous ou máis prognósticos.

Usamos cookies para mellorar a navegación do usuario. Para continuar navegando entendemos que acepta a súa instalación. Ver Política de cookies Aceptar