VAI A VERSIÓN MÓBIL

Prohibido menores de 18 años
Servizo de atención ao cliente

apuestas.kirolbet.es opera en España baixo as correspondentes licenzas outorgadas pola Dirección Xeral de Ordenación do Xogo

A aposta deportiva é un costume arraigado culturalmente na nosa sociedade pero que pode xerar problemas a determinadas persoas que non realicen un uso razoable do noso servizo. Por iso, KIROLBET comprométese a previr posibles dependencias, cumprindo cos requirimentos legais no noso sistema de apostas e promovendo a aposta responsable.

Atendendo á Lei 13/2011, de 27 de maio, de regulación de xogo:

  • Os menores de idade e os incapacitados legalmente ou por resolución xudicial, de acordo co que estableza a normativa civil

  • As persoas que solicitaran voluntariamente que se lles prohiba o acceso ao xogo, en tanto non soliciten o levantamento da devandita prohibición tamén voluntariamente, as persoas que o teñan prohibido por resolución xudicial ou que foran declaradas incapaces, pródigos ou culpables en procedemento concursal, en tanto non sexan rehabilitadas.

  • Os accionistas, propietarios, partícipes ou titulares significativos do operador de xogo, o seu persoal directivo e empregados directamente involucrados no desenvolvemento dos xogos, así como os seus cónxuxes ou persoas coas que convivan, ascendentes e descendentes en primeiro grao, nos xogos que xestionen ou exploten aqueles, con independencia de que a participación nos xogos, por parte de calquera dos anteriores se produza de xeito directo ou indirecto, a través de terceiras persoas físicas ou xurídicas.

  • Os directivos das entidades deportivas participantes ou organizadoras respecto do acontecemento ou actividade deportiva sobre a que se realiza a aposta.

  • Os xuíces ou árbitros que exerzan as súas funcións no acontecemento ou actividade deportiva sobre a que se realiza a aposta, así como as persoas que resolvan os recursos contra as decisións daqueles.


Regras sobre a aposta responsable


De cumprires as seguintes normas, poderás gozar dunha experiencia de xogo responsable e baseada no entretemento:

  • Se decides xogar, faino só coa finalidade de entretemento e a poder ser en compañía.

  • Establece un límite de tempo e axústate a el.

  • Decide canto queres gastar, gañes ou perdas. Non cambies de opinión.

  • Acepta a perda como unha parte do xogo. Non trates de compensar perdas co xogo.

  • Non pidas diñeiro prestado para apostar.

  • Non empregues o xogo para enriquecerte.

  • Xoga só se estás relaxado e concentrado

  • Non xogues para evadirte de problemas, preocupacións ou frustracións.

  • Non xogues se te estás recuperando doutra adicción.

  • Non permitas que os menores de 18 anos participen en actividades de xogos de azar.

Prevención


O xogo é unha forma de ocio e de entretemento, exenta de obxectivos económicos de todo tipo. A práctica das apostas debe estar sempre baixo o limiar de xogo responsable, o que require que o usuario controle o tempo e diñeiro que dedica a esta actividade.

KIROLBET ofrécelle ao usuario ferramentas que facilitan o autocontrol para unha práctica responsable do xogo:

Límites de ingresos e apostas: A miña conta > Límites

A través da ferramenta de LÍMITES dispoñible na conta do usuario, este poderá determinar o importe máximo de ingresos e apostas establecido no período diario, semanal e mensual. No caso de que o usuario alcance o límite configurado non se lle permitirá a formalización de ningunha aposta ata superar o período fixado.

Autoexclusión: A miña conta > Autoexclusión

A autoexclusión ofrécelle ao usuario a opción de bloquear o acceso á conta se considera que pode ter dificultades para controlar as súas apostas, e constitúe unha forma efectiva de impedir o xogo durante un período determinado por el mesmo.

O usuario poderá autoexcluírse do xogo de maneira permanente cancelando a súa conta: A miña conta > Anular conta

Indicadores de tempo

De cara a que o usuario teña unha maior consciencia e control sobre o tempo que adica á practica do xogo, existen determinados indicadores de tempo:

  • Cronómetro de sesión: Cada vez que un usuario inicia a sesión, actívase de maneira automática un temporizador de sesión, visible en todo momento, que facilita a autolimitación do tempo de xogo.

  • Última conexión: Indica o momento no que o usuario se conectou por última vez co obxectivo de que este tome conciencia da súa frecuencia de xogo.

Proba


Se sentes que podes ter un problema co xogo, faite as seguintes preguntas.:

  • Atópaste a miúdo recordando experiencias pasadas de xogo, planificando a próxima vez que vas xogar ou pensando en formas de conseguir diñeiro co que xogar?

  • Xogaches algunha vez máis diñeiro do que tiñas pensado?

  • Intentas controlar, interromper ou deter o xogo?

  • O intento de interromper ou deter o xogo prodúceche inquietude ou irritabilidade?

  • Xogas para evadirte dalgún problema?

  • Cando xogas diñeiro, volves xogar outra vez para recuperar o diñeiro perdido?

  • Cres que tes algún problema co xogo?

  • Financias a túa actividade de xogo mediante diñeiro familiar, préstamo, falsificación, fraude ou roubo?

  • Perdiches algunha vez tempo de traballo ou de clase debido ao xogo?

  • Acudiches a alguén para que che axude cos teus problemas económicos producidos polo xogo?

Cantas máis respostas afirmativas, máis posibilidades tes de ter un serio problema co xogo e deberías considerar buscar axuda..

O xogo é unha actividade propia do ser humano, unha forma de ocio e de entretemento. Sen embargo, é preciso manter o control da situación, respectando as regras do xogo responsable.

O xogo responsable é aquel no que a persoa toma decisións consciente das circunstancias e con control do tempo e diñeiro que xoga. A xente que xoga de maneira responsable decide por adiantado a súa frecuencia de xogo, canto diñeiro e tempo vai a gastar e cando vai a parar. Ás veces, o xogo responsable implica tomar a decisión de non xogar.

Unha persoa que xoga de maneira responsable xoga por diversión e non para gañar diñeiro ou escapar dos seus problemas.

Se o xogo está repercutindo de maneira negativa na túa vida, indica que existe un problema.

Toma a túa decisión, pon límite ao teu xogo:

  • — Inscríbete na lista de xogo de "Dirección General de Ordenación del Juego". Esta lista é totalmente anónima e garante os dereitos de protección da persoa.

  • — Toma a túa decisión.: Dirección General de Ordenación del Juego

Existen asociacións de axuda a persoas con adicción ao xogo e que ofrecen información, apoio e axuda práctica relacionada co impacto social do xogo. Se o xogo está repercutindo de maneira negativa na túa vida, pide axuda:

  • JUGADORES ANÓNIMOS EN ESPAÑA
  • Apartado Postal 1002 - 39080 Santander, Cantabria
  • Tlfno: 670 691 513
  • [email protected]

Usamos cookies para mellorar a navegación do usuario. Para continuar navegando entendemos que acepta a súa instalación. Ver Política de cookies Aceptar